InicioCulturaLugo acollerá a maior sesión de improvisación de jazz "na historia de...

Lugo acollerá a maior sesión de improvisación de jazz “na historia de España”

A cita está previsa para as 13:00 do domingo na Praza de Santa María.

PUBLICADA O

Unha sesión de interpretación con máis de 150 artistas. Así homenaxeará a Festa do Jazz Galego de Lugo ó “máis grande artistas de todos os tempos” do xénero, Charlie Parker. A singular cita, que reunirá a máis de 150 artistas galegas, terá lugar o vindeiro domingo á unha da tarde na lucense Praza de Santa María,  nas escalinatas do Pazo Episcopal.
A multitudinaria reunión vén organizada da man de Escobi, a Asociación de Amigos do Jazz, que tamén concibe a xuntanza como un xeito de reivindicar os 30 anos de historia do festival de jazz máis lonxevo de Galicia e a calidade dos seus intérpretes. Neste aspecto, cómpre destacar que -de acordo cos organizadores- o proxecto será a maior jam session da historia en España, tanto por número de intérpretes como por horas de desenvolvemento.

- Advertisement -

Dende as 13 horas e até ben entrada a tarde (17:00) nas escalinatas do Pazo Episcopal de Lugo, máis de 150 artistas irán subindo a un escenario que contará con todas as medidas de seguridade e salubridade necesarias, ao igual que o espazo reservado para o público. Pero a organización ten claro que, nestes tempos, é imprescindible apostar polo dixital, polo que o concerto poderá seguirse integramente online a través das redes sociais.

Máis de 4 horas de jazz en directo, interpretado por artistas galegos -150 dos preto de 225 censados como tales-, que pasarán a formar parte da historia musical ao transformarse na maior jam session celebrada en España

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...