InicioSociedadeO coronavirus impacta de cheo no San Froilán: non haberá festa, pero...

O coronavirus impacta de cheo no San Froilán: non haberá festa, pero si actividades culturais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo estuda organizar “actividades culturais”, durante as festas patronais da cidade, o San Froilán, previstas do 5 ao 12 de outubro.

A concelleira de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, sinalou que teñen “que asumir que non vai haber San Froilán”. “Cando falamos que non vai haber San Froilán é sobre as festas ás que estabamos adoitados organizar estes anos”, resolveu.

No entanto, avanzou que na área de cultura trabállase na elaboración de “unha serie de actividades culturais, nesa semana das festas do patrón de Lugo pero que nada ten que ver co San Froilán ao que estamos adoitados porque non vai haber nin recinto feiral, nin barracas”.

Non son festas de San Froilán, podémoslle empezar a chamar actividades culturais para lembrar que estamos na semana das festas de San Froilán”, puntualizou. Tampouco haberá “casetas” do polbo, aínda que neste caso, Ferreiro explicou que “iso é algo que se decidiu hai tempo porque este ano habería que renovar os pregos e naquel momento xa tomamos a decisión”.

“Foi un acerto, nestes momentos un recinto feiral abarrotado de persoas sería o menos apropiado ante a situación de Pandemia que estamos a padecer”, destacou. En canto a esas “actividades culturais”, durante esa semana, o seu desenvolvemento tamén vai estar en función da situación “sanitaria” e serían susceptibles de ser “suspendidas”, manifestou.

No entanto, está previsto pregón de San Froilán, que se encargou este ano á comunicadora e xornalista Tonina Gai, cunha experiencia de máis de 40 anos no ámbito radiofónico.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...