InicioSociedadeOs okupas "espállanse con total liberdade" por Lugo, segundo denuncian asociacións de...

Os okupas “espállanse con total liberdade” por Lugo, segundo denuncian asociacións de veciños

Piden castigar con penas de prisión os condenados: "actualmente decláranse insolventes e non pagan as multas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conflito dos okupas, de actualidade nas últimas semanas, chega á cidade de Lugo. A Federación Provincial de Asociacións de Veciños vén de lanzar un comunicando alertando do “espallamento con total liberdade” destes grupos no que ademais pide un endurecemento da lexislación para “garantir a seguridade” da cidadanía.

No documento, que califica a okupación de “ilegalidade permitida”, lamenta que “un ano e medio despois” da conformación dunha mesa redonda con distintos axentes sociais na cidade lucense “todo siga igual”. Neste aspecto, lamentan que a lexislación “non cambie” para favorecer ós “débiles propietarios, aos que se lles ‘expropiou’ con ilegalidade o seu propio domicilio ou os seus bens con total impunidade”.

Neste aspecto, a Federación afirma que tomará “medidas de presión” contra “quen permita isto desde o punto de vista político ou de xestión” para conseguir un cambio “importante” na lexislación actual. En concreto, as asociacións de veciños chaman a tramitar esta transformación “por vía de urxencia” e rematar coas penas de multa como “delito leve” para instalar a prisión como castigo á práctica da okupación. “As persoas condenadas decláranse insolventes e non pagan nin os danos provocados”.

As demandas da Federación ás autoridades pasan por contar con máis man dura contra a okupación, seguindo a estela lexislativa de países como Alemania e Francia; que, segundo destacan, si aplican esas penas de prisión. De xeito paralelo, esixen ás autoridades que leven a cabo as reformas precisas para acelerar os trámites de desaloxo -falan de “24 horas” para resolver o problema- e que impidan que as persoas condenandas por okupar unha vivenda ou inmoble “non continúen percibindo a RISGA nin a Renda Básica”. “Lugo ten que seguir sendo unha cidade segura, moderna e tranquila”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...