InicioSucesosAuxilian unha muller baixo os efectos do alcol e con comportamentos violentos

Auxilian unha muller baixo os efectos do alcol e con comportamentos violentos

Axentes da Policía Local de Lugo tamén axudaron a unha asistenta a domicilio dunha muller inválida por non poder acceder á vivenda da persoa asistida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron  unha muller que estaba baixo os efectos do alcol na vía pública e con comportamento violento.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, ás 19,50 horas do pasado 10 de agosto o servizo do 061 reclamou apoio dunha dotación policial na Avenida da Coruña, onde os sanitarios se atoparon cunha muller de 40 anos que presentaba signos de estar baixo os efectos do alcol.

Ademais, a muller comportábase “de forma violenta cos presentes” e tentou chegar á agresión. Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio axudaron a que puidese ser introducida nunha ambulancia “con seguridade”, destacaron as mesmas fontes, para ser trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

MULLER INVÁLIDA

Por outra banda, ás 20,10 horas do 11 de agosto a Policía Local recibiu requirimento de que unha persoa do servizo de asistencia a domicilio que xestiona o Concello de Lugo manifestou que non podía acceder á vivenda dunha muller maior inválida que sempre estaba acompañada do seu marido que reside na rúa Lamas de Prado, á que escoitaba gritar desde o exterior.

As mesmas fontes policiais indicaron que foi necesaria a colaboración dos bombeiros para poder acceder ao domicilio por unha das xanelas da vivenda.

Posteriormente comprobaron que a muller se atopaba, aparentemente, en “bo estado” e que, nese momento, estaba soa xa que o seu marido ausentouse coa súa filla e, como consecuencia dunha avaría na súa segunda residencia, tardaba máis do normal en regresar, concretaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...