InicioLugo e contornaLugoA fonte da Praza do Campo non botará viño este ano

A fonte da Praza do Campo non botará viño este ano

A covid obriga a anular o 'milagre' de San Vicente, polo cal cada 29 de xullo dende hai 5 anos a fonte da Praza do Campo emana viño e non auga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os tres caños da fonte barroca de San Vicente, que preside a Praza do Campo, non botarán viño este 29 de xullo con motivo da celebración da patroa dos hostaleiros, de modo que non se obrará por oitavo ano consecutivo o chamado ‘Milagre de San Vicente’.

A asociación Lugo Monumental, que agrupa aos negocios do centro histórico da cidade, informou de que, “tras unha reunión virtual coa adega Viliga, patrocinadora do evento”, tomouse a decisión de suspender “esta popular festa”, dado que “non se poden garantir as máis elementais medidas de seguridade” para evitar posibles contagios de coronarivus. “As aglomeracións son o primeiro problema a evitar neste escenario no que vivimos”, explicou o presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, quen tamén aclarou que “se ademais é un evento no que se consomen produtos alimenticios, como é o caso do viño, implica necesariamente retirarse a máscara”. “Parece obvio que non é razoable levar a cabo a actividade por un elemental sentido da prudencia”, conclúe.

Esta particular tradición, que ten a súa orixe no ano 1969 e a iniciativa foi do recadador de impostos Ezequiel García Rodríguez, que “botou viño no enganche da fonte, nos xardíns do Bispado”, explica a asociación. De forma irregular, nos anos 80 e 90”, continuouse con esta tradición, que chegou a facerse “moi popular” pola súa rechamante estética e pola orixinalidade do sistema, que foi cambiando ao longo do tempo.

Na súa orixe, o viño corría polos canos da fonte, pero actualmente utilízanse tubos alimentarios e un sistema de circuíto pechado que fai que o viño non entre nunca en contacto coa propia fonte, por motivos de seguridade relacionados co coidado do monumento, pero tamén por salubridade e hixiene. Desde o ano 2014, Lugo Monumental repite cada 29 de xullo, día de Santa Marta -patroa da hostalería-.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...