A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores un total de 17 casos activos por coronavirus, dous menos ca os contabilizados na xornada de onte. Dúas persoas seguen ingresadas no HULA, pero ningunha delas na unidade de críticos. O resto (15) son atendidos nas súas casas.
Sen que se rexistraran novos falecementos relacionados coa pandemia, a cifra de vítimas mortais en Lugo mantense en 28. As altas epidemiolóxicas ascenden a 919 dende o comezo.
GALICIA
Segundo información da Consellería de Sanidade, a comunidade galega continúa coa súa tendencia de descenso nos casos de COVID-19: 341, oito menos ca onte. Hai sete pacientes en hospitais e ningún na UCI. En Galicia cóntanse 10.503 personas curadas e rexistráronse 619 falecementos.