InicioEconomíaA Deputación de Lugo mostra o seu apoio aos traballadores de Alcoa

A Deputación de Lugo mostra o seu apoio aos traballadores de Alcoa

José Tomé ve positivo que o Ministerio obrigue á empresa a devolver as axudas públicas se aplica os 534 despedimentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo mostra o seu respaldo ás reivindicacións da Mancomunidade da Mariña en defensa dos empregos dos traballadores da planta de Alcoa de San Cibrao.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, ve positivo que o Ministerio de Industria obrigue á empresa a devolver as axudas públicas se aplica os 534 despedimentos anunciados o pasado xoves. “Se dan ese paso, polo menos, que non lles saia gratis”, sinala.Xunt

Ademais, Tomé defende que a Xunta “ten que exercer dunha vez as súas competencias exclusivas en industria para poñer solucións encima da mesa”, á vez que pide ao Goberno central que active “canto antes” o estatuto para as empresas electrointensivas.

Tomé sinala que a declaración institucional asinada polos alcaldes e representantes da Mariña está “en plena consonancia” coa postura do presidente da Deputación.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...