InicioSociedadeO estudo do Sergas revela unha prevalencia inferior ao 1% na provincia

O estudo do Sergas revela unha prevalencia inferior ao 1% na provincia

A Consellería de Sanidade estima que hai 30.000 galegos inmunizados, dos cales 17.000 son mulleres e 13.000 son homes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O estudo de seroprevalencia do Sergas ratifica que o coronavirus COVID-19 circulou pouco por Galicia, cunha prevalencia do 1,15 por cento de media. Ourense está á cabeza como a provincia con maior porcentaxe (1,88%). No caso da provincia de Lugo, os datos revelan unha prevalencia inferior ao 1%. En conxunto, a Consellería de Sanidade estima que “30.000 galegos están inmunizados”, deles 17.000 mulleres e 13.000 homes.

Deste xeito informárono na rolda de prensa telemática de presentación do ‘Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia’ o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada.

En concreto, apuntaron que a prevalencia do virus entre a poboación galega aumenta conforme se incrementa a idade, polo que sitúa no 0,56% entre os galegos de 0 a 18 anos; sobe ao 1,09% entre os 19 e 64 anos e aumenta ao 1,64% entre o colectivo maior de 65 anos.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...