InicioA UlloaOs bancos de alimentos alertan: "Hai moita xente que xa non ten...

Os bancos de alimentos alertan: “Hai moita xente que xa non ten nada”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Bancos de alimentos de Galicia aseguran ter nestes momentos alimentos e agradecen a solidariedade de empresas e particulares, así como a colaboración das administracións, pero alertan do “desafío” que suporán os próximos meses. Por iso, piden que “non cese” a solidariedade, convencidos, nalgún caso, que a situación xerada pola COVID-19 pode ser “bastante peor” que na última crise económica e que se poden ver un “pouco apertados” nos próximos meses.

Isto é o que expoñen desde o catro entidades que forman parte da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Todas elas lembran que, no seu caso, non reparten directamente ás persoas, se non que distribúen a mercadoría a través de entidades que as fan chegar a aqueles que o necesitan, pero tamén a través dos servizos sociais dos concellos, “que están desbordados”.

No caso de Lugo, a súa presidenta, Amadora Núñez, lembra que a súa repartición de produtos faise a 54 entidades e que dúas delas fan, á súa vez, esta distribución nunha nave situada á beira do almacén do que dispón o Banco de Alimentos. “Cada semana, estas entidades danlles a entre 100 e 150 familias”, cita como dato.

Con todo, como os demais mostra a súa preocupación porque considera que aínda queda “o máis problemático”. Con iso, fai referencia aos que aínda viven de recursos que quedan ou que se quedaron “sen nada”, apostila sobre os que traballaban “sen contrato”. Admitindo que “non vai ser fácil”, móstrase convencida, a pesar de todo, de que se sairá “adiante”. “Somos un país de loitadores”, asegura optimista pese ao actual contexto. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...