InicioSociedadeContinúa o leve aumento de casos de COVID-19 en Lugo, aínda que...

Continúa o leve aumento de casos de COVID-19 en Lugo, aínda que baixan as hospitalizacións

Sanidade informa dun total de 610 positivos, cinco máis ca onte. O número de vítimas mortais na provincia elévase ata as 24 tras o falecemento dun nonaxenario en Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo experimenta nestes dous últimos días un lixeiro repunte do número total de casos activos por coronavirus. Neste martes 21 de abril, a Consellería de Sanidade informa de 610 positivos, cinco máis ca onte. Porén, os hospitais lucenses teñen menos carga de persoas ingresadas. 

Máis polo miúdo, deses 610 positivos hai oito que permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos (dous na Mariña e outros seis na do HULA). Outros 27 pacientes están hospitalizados en planta, o que supón un descenso de cinco persoas respecto de onte, mentres que os 575 restantes están a ser atendidos nas súas casas (+11).

Por outra banda, a área sanitaria de Lugo contabiliza xa 25 vítimas mortais de COVID-19. Os últimos falecemento correspóndense co dun varón de 82 anos que estaba ingresado no HULA e cun nonaxenario que ingresou onte en Monforte e morreu horas máis tarde. 

Monforte levaba seis días sen hospitalizacións, pero o deste home finado non foi o único ingreso que se rexistrou alí nas últimas horas. Esta mañá, o Sergas informaba dunha muller con positivo en COVID-19 que pasaba a estar hospitalizada neste hospital comarcal.

GALICIA

Segundo a última actualización de datos,  o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.416, 120 máis ca hai 24 horas. Isto implica un aumento do 1’9% nos contaxios. Á súa vez, aumentan as altas ata situarse nas 1.588 (+40) e o número de falecidos xa alcanza os 464. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...