InicioSociedadeComeza o proceso xudicial polo caso da residencia pechada na Fonsagrada

Comeza o proceso xudicial polo caso da residencia pechada na Fonsagrada

Membros da dirección do centro de Burón declararán en calidade de investigados, pero tamén se citará a testemuñas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A maxistrada do xulgado de primeira instancia e instrución do concello lugués da Fonsagrada comezará este xoves a tomar declaracións polo caso das vivendas comunitarias Burón I e Burón II que foron clausuradas pola Xunta o pasado 8 de abril, despois de constatar as malas condicións nas que vivían os 29 anciáns destes centros.

Fontes do TSXG confirmaron a Europa Press que este xoves se iniciará o proceso de toma de declaracións, tanto para aquelas persoas que están citadas en calidade de testemuñas como de investigados. Ao longo desta semana e da que vén coñeceranse os testemuños dos chamados a declarar.

Entre eles atópanse diversas persoas que forman parte da dirección e propiedade destas dúas vivendas tuteladas, pero tamén testemuñas que darán a súa versión á xuíza para clarificar o sucedido. Tales feitos foron trasladados á Fiscalía pola posibilidade de que o caso fose constitutivo dun ilícito penal debido á “gravidade” das circunstancias, segundo informou a Consellería de Política Social.

“SITUACIÓN DE GRAVIDADE”

A primeira denuncia partiu dun informe emitido polos servizos sociais da Fonsagrada o martes 7 de abril. Nel advertiuse á Administración galega dunha posible situación de malos tratos aos residentes do centro e de diversas irregularidades tanto nas condicións como na atención aos mesmos.

Pola gravidade da situación alertada no documento, a inspección de servizos sociais da Xunta desprazouse ao centro para corroborar os feitos retratados na denuncia e tamén remitiu un aviso a corpo de Garda Civil.

Os efectivos desprazados constataron a situación na que se atopaban estes residentes, un total de 29 anciáns nun centro con 23 prazas e en condicións inadecuadas, que motivaron a urxencia das actuacións desde a Administración galega para ordenar o peche inmediato das instalacións.

TRASLADADOS AO CARBALLIÑO

Ao longo desta semana os maiores están a ser recolocados no centro público do Carballiño, onde poderán recibir a atención sociosanitaria que precisan e un seguimento individualizado da súa evolución, segundo explicou a Xunta.

O traslado empezou este martes entre os que se atopan en condicións para ser desprazados e entre os que as familias dos afectados aceptan a proposta da Consellería de Política Social.

Segundo as fontes consultadas por Europa Press, todos eles deron negativo ás probas da COVID-19, aínda que o seu estado é moi diferente e parte deles terán que seguir ingresados varios días máis no HULA por estar en peor condición física.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...