InicioSociedadeA Deputación desinfectará os centros de maiores dúas veces á semana para...

A Deputación desinfectará os centros de maiores dúas veces á semana para “minimizar o risco de contaxio”

Os traballos de limpeza xa empezaron durante este luns e manteranse, polo menos, ata o fin do estado de alarma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informou de que este luns comezaron os traballos de limpeza e desinfección con carácter preventivo que se realizan nos catro centros de atención a maiores do organismo provincial, situados nos concellos de Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada.

Con esta medida, a Deputación busca “extremar as precaucións para minimizar o risco de contaxio nas residencias, tanto das persoas maiores usuarias como dos profesionais que as atenden”.

Os labores de desinfección desenvolveranse, polo menos, mentres permaneza o estado de alarma. Cada un dos centros limparase dúas veces á semana e os traballos faranse de forma exhaustiva, tanto no interior como no exterior dos edificios.

OUTRAS MEDIDAS

Desde antes da declaración do Estado de Alarma, os catro centros de atención a maiores da Deputación implantaron un protocolo específico de medidas contra o COVID-19 elaborado por persoal técnico da área de Promoción Económica e Social, baseado e en cumprimento da normativa, instrucións, protocolos ou guías publicadas polas autoridades competentes.

Entre esas medidas, atópase a prohibición de visitas de amigos e familiares, e tamén o reforzo do servizo de limpeza, prestando especial atención ás zonas de acceso e saída dos sectores de illamento, escaleiras, portas, ascensores, zonas de deambulación, entre outras, para reducir o risco de transmisión.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...