InicioSociedadeO confinamento evidencia a problemática da mala conexión a Internet nas zonas...

O confinamento evidencia a problemática da mala conexión a Internet nas zonas rurais

A 'brecha tecnolóxica' penaliza á Galicia non urbana e dificulta aínda máis a vida durante a corentena, ao complicar o teletraballo e as posibilidades de comunicación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O confinamento ditado á poboación para combater a expansión do COVID-19 evidencia a existencia da ‘brecha tecnolóxica’ que existe entre a contorna urbana e o rural de Galicia, que se ve “penalizado” ao ter peores conexións.

Así o defende o Colexio oficial de Telecomunicacións (Coettga) nun comunicado no que afirma que esta situación, que se pon de manifesto co aumento da demanda de medios telemáticos e de telecomunicacións froito do confinamento da poboación, leva sendo denunciada “durante anos” por veciños e institucións do rural galego.

A pesar de que houbo un gran avance en moitas zonas, aínda quedan moitos puntos escuros no rural galego”, sinalou o decano do colexio, José M. Martínez. Segundo datos do Ministerio de Economía, máis de 3,2 millóns de habitantes teñen unha conexión a Internet deficiente cunha velocidade menor a 10MB.  En días de reclusión nas súas casas nos que, como apuntan, manter contacto social con familiares e achegados “faise máis importante”, denuncian que existen “familias, fogares e pobos” que carecen dunha conexión a Internet que permita, non xa traballar a distancia, senón comunicarse, ben por cuestións loxísticas ou por incapacidade económica.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...