InicioSociedadeLimpeza "profunda" das rúas de Lugo para frear o coronavirus

Limpeza “profunda” das rúas de Lugo para frear o coronavirus

A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, pediu á cidadanía que "manteña a calma" e actúe con responsabilidade, porque veciñanza e administracións teñen que facer "un traballo en equipo" contra este virus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadores do servizo de limpeza da cidade de Lugo iniciaron este sábado os traballos de desinfección e limpeza “intensiva” das rúas e do mobiliario urbano con produtos “especiais” como medida preventiva para evitar a propagación do coronavirus.

Estas novas medidas preventivas, que se suman ao peche dos comercios e locais de hostalaría decretado este venres pola Xunta de Galicia , inclúen “a limpeza profunda” con “produtos especiais” da cidade e o peche dos parques.

A propia alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pediu á cidadanía que “manteña a calma” e actúe con responsabilidade, porque veciñanza e administracións teñen que facer “un traballo en equipo” para facer fronte a esta situación, sempre de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Ademais, a propia alcaldesa gravou unha mensaxe que foi difundida polas redes sociais para pedirlle á cidadanía de Lugo que atenda as recomendacións das autoridades sanitarias e, na medida das súas posibilidades, quede na casa e evite as relacións sociais nos próximos días para frear a propagación do virus.

LIMPEZA CON PRODUTOS DESINFECTANTES

En canto á limpeza que comezou hoxe con produtos desinfectantes, o concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, dixo que o goberno local non quere que “a cidadanía se alarme”, pero lembrou que é unha medida “necesaria para poder garantir a saúde e a seguridade das veciñas e os veciños de Lugo”.

Para iso, será necesaria unha “reorganización do servizo e do persoal, dado que se reforzará o número de traballadores e a frecuencia de desinfección”, ademais de realizar o “lavado” dos espazos urbanos “con produtos especiais”.

Esa limpeza “profunda” realizarase en todas as rúas da cidade, “comezando polas máis transitadas”, e incluirá “o mobiliario urbano, as paradas de transporte público, os baños públicos, colectores, varandas e ascensores”.

Estenderase esa limpeza en profundidade, para a cal se utilizarán equipos e maquinaria especial, ás dependencias municipais abertas ao público, onde se incidirá nos espazos e ferramentas que están máis en contacto coas mans. Para realizar eses traballos, o persoal de limpeza recibiu a formación e información adecuada. Tamén se actuará, precisou o goberno local, nos vehículos de uso municipal, nos da Policía Local e nos de Protección Civil. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...