InicioLugo e contornaLugoCoronavirus: o Concello de Lugo incrementa as medidas de seguridade entre os...

Coronavirus: o Concello de Lugo incrementa as medidas de seguridade entre os seus traballadores

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concellos galegos están a incrementar as medidas de hixiene e trasladaron protocolos de actuación aos seus traballadores mentres chaman á “tranquilidade” e á “serenidade” fronte ao coronavirus, enfermidade da que esta semana se detectaron os primeiros casos en Galicia.

As distintas administracións locais e provinciais coincidiron en destacar a “normalidade” coa que traballan nestes momentos e chamaron á “serenidade” e á “tranquilidade” para non xerar unha “alarma excesiva” entre a cidadanía.

Con todo, en varias das cidades galegas, celebráronse reunións municipais para abordar esta problemática e optaron por incrementar a información a traballadores e usuarios, así como as medidas de hixiene. Todo iso atendendo ás recomendacións tanto do Ministerio de Sanidade como da Consellería de Sandiade.

Fontes do Concello de Lugo lembraron que coa recente posta en marcha do sistema de control horario para o persoal, o Consistorio lucense habilitou este tipo de xeles para que os traballadores fixesen uso deles. Con todo, dada a actual problemática, o Consistorio prevé aumentar as unidades coas que conta.

Ademais, “atendendo aos protocolos de Sanidade”, o Concello de Lugo enviou un correo electrónico aos traballadores municipais con recomendacións sobre as medidas de seguridade e sanitarias que deben tomar para evitar posibles contaxios.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

‘Fillos do Vento: A Rapa’ destaca en EEUU no escaparate mundial do cinema inmersivo

O cineasta galego Brais Revaldería presentou en América Fillos do Vento: A Rapa, unha...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no Corgo. Os bombeiros tiveron que...