InicioSociedadeDe cada tres habitantes que perde Galicia, un é de Lugo

De cada tres habitantes que perde Galicia, un é de Lugo

A perda proporcional de Lugo supón un novo aviso sobre a despoboación – Por contra, o saldo migratorio externo é relativamente o mellor de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Durante 2017, a nosa comunidade sufriu a perda de 6.838 residentes. Este descenso supón un 0,25 por cento no total, segundo publicou o Instituto Nacional de Estatística. Coa poboación fixada a 1 de xaneiro en 2.703.290 persoas, Galicia moderou lixeiramente a caída con respecto á de 2016, cando foi do 0,36 por cento. Con todo, a estatística agocha un dato preocupante: de cada tres habitantes perdidos, un é de Lugo, unha proporción de lonxe superior ó peso da provincia no total de poboación.

Galicia suma o seu sétimo ano consecutivo con taxas de crecemento poboacional negativas. Amais, está situada na cabeza de España en canto a saldo vexetativo negativo: a diferenza entre nacementos e falecementos sitúase en -13.522. Tamén salienta no negativo por ter unha das poboacións máis envellecidas de todo o Estado, con 672.904 persoas de máis de 65 anos, ou o que é o mesmo, un de cada catro habitantes. 

Con respecto ás provincias galegas, a poboación máis numerosa segue estando na Coruña, con 1.121.484 residentes; seguida por Pontevedra, con 940.927 residentes; Lugo con 331.507 residentes; e Ourense, con 309.372 residentes. 

En canto a evolución interanual, a provincia de Pontevedra foi a que perdeu maior poboación, 2.301 persoas menos con respecto ao número de residentes rexistrado a principios de 2017. Ourense perdeu 2.190 habitantes, e Lugo 2.086, mentres que a provincia da Coruña apenas variou a súa poboación, e perdeu 262 residentes.

O INE publicou este martes un documento no que reflicte que, ao longo de 2017, 75.000 persoas en Galicia cambiaron a súa residencia. Destas, 18.380 marcharon a outras Comunidades Autónomas, segundo a Estatística de Variacións Residenciais.

O dato máis actualizado para a provincia de Lugo é de 2016; segundo o Instituto Galego de Estatística, nese ano a provincia tivo un saldo migratorio externo positivo, con 893 persoas de diferenza entre quenes se instalaron en Lugo e os que marcharon fóra de Galicia. Este dato tamén é salientable, xa que é próximo ás cifras da Coruña (1.032) e Pontevedra (903), e de lonxe mellor ao de Ourense (197). No saldo interno, 312 persoas deixaron Lugo para instalarse noutra parte de Galicia. 

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...