Home Lugo e contorna Anova propón a Fernán Vello como número 1 da candidatura lucense con Galicia en Común

Anova propón a Fernán Vello como número 1 da candidatura lucense con Galicia en Común

1
Anova propón a Fernán Vello como número 1 da candidatura lucense con Galicia en Común
Miguel Anxo Fernán Vello | Óscar Bernárdez - Arquivo

A Coordinadora Nacional de Anova proporá ao exdeputado Miguel Anxo Fernán Vello como cabeza da candidatura por Lugo que a formación nacionalista compartirá coas mareas municipalistas e Galicia en Común.

Entenden que Fernán Vello é un “referente político, pero tamén cultural e literario”, que conta coa “máxima confianza dos homes e mulleres de Anova”, segundo o voceiro da formación, Antón Sánchez. A experiencia acadada tras dúas lexislaturas no Congreso avalaríano para esta aventura, en palabras de Sánchez.

O nome de Martiño Noriega tamén soaba para concorrer pola provincia lucense, pero finalmente foi confirmado para a provincia da Coruña, onde previsiblemente irá de número tres. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

1 COMENTARIO

  1. Os pseudogaleguistas dirixidos por o resentido Beiras buscando vivir do conto cando non votaron por Galiza de paseo por Madrid. Facendo favor a direita máis reacionaria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here