InicioPolíticaOlalla Rodil repite como cabeza de lista do BNG por Lugo

Olalla Rodil repite como cabeza de lista do BNG por Lugo

A dirección do Bloque Nacionalista Galego defende que quere "premiar" o "traballo ben feito" dos seus deputados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A dirección do Bloque Nacionalista Galego (BNG) repetirá os mesmos cabezas de lista canos comicios de 2016. É o xeito que ten a formación nacinalista, di, de “premiar” o traballo parlamentario realizado na lexislatura que acaba de finalizar. Por iso, situará a Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará como cabezas de lista por Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente.

A súa candidata á Xunta e portavoz nacional, Ana Pontón, encabeza a candidatura pola Coruña, de maneira que os nacionalistas colocan a mulleres como primeiras nas listas de tres das catro circunscricións, algo que xa avanzara a dirixente nacionalista ao asegurar que as mulleres terían un protagonismo relevante nas candidaturas.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...