InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta promove a declaración BIC da Ofrenda do Antigo Reino de...

A Xunta promove a declaración BIC da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

O domingo seguinte ao Corpus Christi, as sete antigas cidades galegas xúntanse en Lugo para ofrecerse ao Santísimo Sacramento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A instancias do Bispado de Lugo, a Xunta anunciou que iniciará os trámites para promover a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Apuntan que se trata dunha tradición cunha “acreditada historicidade” e que forma parte do patrimonio inmaterial e do “carácter identitario” da comunidade.

Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, despois de reunirse este xoves co bispo de Lugo, Alfonso Carrasco.

UNHA TRADICIÓN SECULAR

Anualmente, o domingo seguinte ao Corpus Christi ten lugar en Lugo un acto institucional e relixioso no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior.

Desde 1925, o rito da Ofrenda celébrase do mesmo xeito, nunha misa solemne na que participan por quendas rotatorios anuais os representantes municipais do sete cidades. Ademais, entre as tradicións litúrxicas, unha banda de gaiteiros interpreta a Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia con gaitas en tres tonalidades e percusión.

Trátase dunha tradición ligada á Catedral de Lugo, un ben incluído singularmente na declaración dos Camiños de Santiago do Norte de España, Patrimonio da Humanidade desde o ano 2015 polos seus “extraordinarios valores artísticos, históricos e culturais”, que mantén o privilexio papal da exhibición permanente do Santísimo Sacramento.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...