InicioMovementos sociaisLugo organízase en protesta pola libertade provisional da 'Manada'

Lugo organízase en protesta pola libertade provisional da ‘Manada’

Convocada a manifestación contra a decisión xudicial este venres ás 20.00 horas en Lugo – Haberá protestas en Monforte, Viveiro e Burela

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Movemento Feminista de Lugo convocou unha manifestación para este venres ás 20.00 horas en protesta pola libertade provisional dictada para os membros da ‘Manada’. A decisión da Audiencia de Navarra, baseada en que non existe risco de fuga nin reiteración delictiva, deixa en liberdade aos cinco condenados a nove anos de cadea por abuso sexual nos Sanfermíns de 2016 ata que pese sobre eles unha sentenza firme.

O auto, que decreta unha fianza de 6.000 euros para eludir a prisión provisional, a obriga de comparecer luns, mércores e venres ante os xulgados de garda, e a prohibición de entrar na Comunidade de Madrid, foi dictado por dous maxistrados contra o voto particular do presidente do tribunal; un voto particular que solicitaba o mantemento da prisión incondicional precisamente por risco de fuga e a gravidade do delito pola pena xa imposta, que non é firme.

Manifestación Lugo sentenza Manada
Imaxe da manifestación do 27 de abril contra a sentenza que condenaba á ‘Manada’ por abuso sexual, e non por violación | 8MGaliza

A decisión xudicial tivo onte reacción en Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Ferrol ou As Pontes. Este venres, diversas agrupacións feministas da provincia chaman a manifestarse en Lugo (20.00 horas, Praza Maior), Viveiro (20.00 horas, Praza da Fontenova), Monforte de Lemos (20.30, na Praza de España) e Burela (21.00 horas, diante do Concello).

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...