InicioSociedadeO TSXG aproba a proposta dun Xulgado do Social para Lugo

O TSXG aproba a proposta dun Xulgado do Social para Lugo

Terá que ser ratificada por unha Comisión Mixta, da que tamén forma parte a Xunta, antes de ser trasladada ao Goberno. O TSXG basea a súa reclamación "nos números de entrada de asuntos que se rexistra" nestes órganos xudiciais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou a súa proposta de novos órganos xudiciais na Comunidade galega para este ano. O plan inclúe oito xulgados de nova creación, entre os que se atoparía un do Social para Lugo. Tamén dotaría dun órgano similar á cidade de Vigo e aumentaría en cinco as prazas nas audiencias provinciais.

Segundo informou o TSXG, a proposta reclama para Lugo un Xulgado do Social e outro de Primeira Instancia, así como unha praza de maxistrado/a na Sección Primeira da Audiencia Provincial. A maiores, a proposta tamén inclúe a creación dun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución (número 2) en Sarria.

No caso da Coruña, pide unha praza de maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial, que ten competencia penal; así como un xulgado do Social, outro do Mercantil e un xulgado de Primeira Instancia.

Para Pontevedra propón dúas prazas de maxistrado/a nas Seccións Segunda e Cuarta da Audiencia Provincial, que teñen competencia penal; ademais dun xulgado do Social en Vigo.

Pola súa banda, para Ourense demanda un xulgado de Primeira Instancia e unha praza de maxistrado/a na Sección Primeira da Audiencia Provincial, que ten competencia civil.

REFORZADOS

A proposta da Sala de Goberno do TSXG está baseada, principalmente, “nos números de entrada de asuntos que se rexistra nestes órganos xudiciais”, explica o alto tribunal galego. “En todas as xurisdicións ou seccións da Audiencia incluídas na listaxe supéranse amplamente os módulos de entrada establecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial e, na actualidade, case a totalidade están reforzados con comisións de servizo”, advirte o TSXG.

Esta relación será estudada na próxima reunión da Comisión Mixta —formada polo Tribunal Superior e a Xunta— para “tratar de buscar unha proposta conxunta” que será a que se eleve ao Goberno central. Deberanse ter en conta, informan, as unidades que estea disposto a crear en Galicia o Ministerio de Xustiza durante esta anualidade.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...