InicioSociedadeFalece o exdeputado lucense Mauro Varela, tamén expresidente de Caixa Galicia

Falece o exdeputado lucense Mauro Varela, tamén expresidente de Caixa Galicia

Fora parlamentario do Congreso de Madrid polo PP, así como deputado autonómico en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O coñecido avogado lucense Mauro Varela, exdeputado da Cámara galega e expresidente de Caixa Galicia, faleceu este xoves aos 78 anos de idade.

Licenciado en Dereito e avogado en exercicio desde 1965, Mauro Varela foi parlamentario do Congreso en Madrid polo PP nas lexislaturas de 1989, 1993 e 1996, así como deputado autonómico a partir de 1997.

No ámbito económico e empresarial, foi presidente de Caixa Galicia e copresidente de Novacaixagalicia, á vez que mantivo un despacho de avogados na Praza Maior de Lugo, a súa cidade de orixe.

O pesar polo falecemento de Mauro Varela foi especial no seo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, onde foi membro do consello directivo do Anuario Diocesano e dende onde trasladaron o agarimo aos seus familiares e amigos.

Tamén enviaron as súas condolencias dende as formacións políticas coas que estaba relacionado: o PP da Coruña e as Novas Xeracións de Lugo. O propio presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, enviou unha mensaxe á familia.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...