InicioSociedadeMáis de 5.000 maiores de 65 anos viven sós na cidade de...

Máis de 5.000 maiores de 65 anos viven sós na cidade de Lugo

O Vello Cárcere acollerá unhas xornadas de expertos sobre o envellecemento da poboación. Traballarase arredor de como mellorar a atención a persoas dependentes ou con trastornos neuropsicolóxicos, entre outros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 5.000 persoas maiores de 65 anos viven soas na cidade de Lugo, o que supón o 20% do total deste colectivo e o 5 por cento do censo da capital provincial.

As cifras foron expostas pola alcaldesa, Lara Méndez, durante a presentación da primeira xornada de traballo sobre atención sociosanitaria ás persoas maiores do Concello de Lugo. Esta cita terá lugar o 31 de xaneiro e o 1 de febreiro no Vello Cárcere, onde se reunirán distintos expertos e profesionais do envellecemento.

A rexedora apelou “á necesidade de abrir un debate sobre os retos que hai por diante e contar cos mellores especialistas para abordar temas relacionados coa atención á soidade non desexada“. Méndez apuntou a un “cambio de modelo no envellecemento da poboación”, que remata por se traducir en “novas dificultades”.

Así, lembrou que o concello “está considerado como municipio amigable cos maiores” e incidiu en que Lugo pretende ser unha cidade que se acolle ao “concepto 8/80“, é dicir, que garante o desenvolvemento para os nenos e cobre as necesidades dos maiores.

“A XERIATRÍA NON AVANZOU”

Un dos expertos convidados ás xornadas anunciadas para fin de mes é José Ramón Martínez, xefe de xeriatría do HULA. O doutor Martínez criticou que este servizo “non avanzou nada” en Galicia no que levamos de século.

“A maioría dos ingresos hospitalarios que atendemos superan os 90 anos”, algo que implica que antes de dar a alta médica haxa que “analizar cales son as limitacións físicas e cognitivas e o grao de dependencia no que derivan”. Faise desta maneira “para evitar situacións de illamento ou de exclusión ao respecto das distintas prestacións sociosanitarias actuais”, segundo sinalou Martínez.

COMO MELLORAR A ATENCIÓN AOS MAIORES

Os encontros do 31 de xaneiro e do 1 de febreiro teñen como obxectivo “avaliar desde múltiples perspectivas o funcionamento actual dos mecanismos e recursos empregados” na atención ás persoas maiores, segundo apuntou a concelleira Olga López. “Organizaranse arredor de catro mesas de traballo para abordar, entre outros aspectos, a atención á soidade, os trastornos neurolóxicos, os coidados extrahospitalarios ou a dependencia“, explicou a edil.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...