InicioSociedadeDefensor do Paciente: "A finalidade do Sergas non é outra que a...

Defensor do Paciente: “A finalidade do Sergas non é outra que a de privatizar a sanidade pública”

Esta asociación lamenta que Galicia sexa a sexta comunidade con máis denuncias por neglixencias médicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia sitúase como a sexta comunidade autónoma máis denunciada en casos de neglixencia médico-sanitaria, segundo recolle a ‘Memoria 2019’ da Asociación El Defensor del Paciente, que tamén alerta da intención da Xunta de “privatizar” a sanidade pública. “É a finalidade do Sergas”, lamentan.

Segundo a memoria difundida este luns, recollida por Europa Press, Defensor del Paciente rexistrou en Galicia en 2019 un total de 640 casos denunciados de neglixencias, das que 281 corresponderon á provincia da Coruña; 259 á de Pontevedra; 64 á de Ourense e 36 á de Lugo. 

LISTAXES DE AGARDA

Por outra banda, o informe tamén facía referencia ás listaxes de agarda. “Galicia saíu da cola das listas de agarda cando os últimos anos sempre a atopabamos situada entre as peores. No entanto, do mesmo xeito que nos pasa coa comunidade madrileña, somos bastante incrédulos ante a cifra de 56 xornadas para intervención“, expoñen dende Defensor do Paciente.

Esta asociación alerta da actitude do Sergas neste aspecto e afirma que “a súa finalidade non é outra que a de rematar por privatizar a sanidade pública” e mandar os pacientes a clínicas particulares.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...