InicioSociedadeO Concello de Lugo pecha os parques da cidade polo forte vento...

O Concello de Lugo pecha os parques da cidade polo forte vento e choivas

Agárdanse refachos de vento superiores aos 120 km/h na tarde deste 16 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo decidiu pechar os parques da cidade desde o mediodía deste xoves ante o temporal de vento e choivas. Agárdanse refachos que poden superar os 120 quilómetros por hora.

O fenómeno meteorolóxico adverso obriga a activar o aviso de nivel laranxa por choiva e ventos de ata 100 quilómetros por hora. Afectarán o centro da cidade sobre todo a partir das 16:00 horas, cando tamén se esperan refachos que localmente superen os 120 km/h.

Así, operarios do servizo municipal de Parques e Xardíns precintaron os recintos de Rosalía de Castro e de Frigsa, onde queda “prohibida a entrada”, segundo concretou o Concello. Ademais, fan un chamamento á cidadanía para que respecten as limitacións, “evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade”, subliñaron dende o Concello.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...