InicioLugo e contornaFriolO club fluvial de Friol terá nova imaxe: renovarase o edificio central...

O club fluvial de Friol terá nova imaxe: renovarase o edificio central e urbanizarase a súa contorna

As obras levaranse a cabo grazas á colaboración entre o Concello e a Xunta. A Consellería de Medio Ambiente investirá case 525.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente colaborará co concello de Friol co fin de acometer unha serie de obras de edificación e urbanización na contorna do club fluvial municipal, unha instalación pública e aberta a todos os veciños que leva máis de 40 anos en funcionamento.

Así o acordaron a conselleira Ánxeles Vázquez e o alcalde José Ángel Santos coa firma dun acordo de cooperación en virtude do cal a Xunta se compromete a asumir o 70% do custo da actuación. Pola súa parte, o Concello deberá achegar o 30% restante. Concretamente, a Consellería investirá 523.081’84 euros en 2020 e a administración local outros 224.259’77 euros.

URBANIZACIÓN DA CONTORNA DA PRAIA FLUVIAL

As obras previstas en Friol, cun custo total inicialmente estimado en case 750.000 euros, consistirán nunha renovación integral do edificio central e das dúas piscinas exteriores, unha de adultos e a outra infantil. Ademais, tamén se urbanizará parte da contorna da praia fluvial, localizada nunha das marxes do río Narla.

A obra no Concello de Friol, que en breve sairá a licitación pública, enmárcase dentro do chamado Plan Hurbe, posto en marcha no ano 2010 pola Consellería de Medio Ambiente para apoiar ás entidades locais na execución de todo tipo de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

+ posts

ÚLTIMAS

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra...

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

  O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños...