InicioSucesosA Policía intervén en dúas celebracións de Noiteboa polo forte ruído que...

A Policía intervén en dúas celebracións de Noiteboa polo forte ruído que causaban

Tivo lugar en dúas vivendas situadas na Rolda do Carmen e en Fontiñas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía de Lugo tivo que intervir na madrugada deste mércores en dúas celebracións de Noiteboa na cidade que estaban a causar molestias á veciñanza polo alto nivel de ruído.

Segundo informou o Concello de Lugo, axentes da Policía de Barrio acudiron ás 2,50 horas e ás 3,50 horas, respectivamente, a dúas vivendas situadas na Rolda do Carmen e en Fontiñas, onde os veciños denunciaran forte ruído.

En ambos os pisos, explicaron, desenvolvíanse festas de Noiteboa nas que soaba música “cun volume que perturbaba o descanso dos veciños”. Os axentes falaron cos titulares das vivendas e informáronos dos prexuízos que producían, pedíndolles que baixasen o volume, algo que realizaron sen maior problema.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...