InicioMedioambiente e PatrimonioLugo, o centro da romanización e o do patrimonio tirado por fincas,...

Lugo, o centro da romanización e o do patrimonio tirado por fincas, camiños e igrexias

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cuartel de San Fernando, un BIC, é un edificio neoclásico que foi inaugurado a finais do século XVIII. No ano 2005, despois dunhas negociacións que duraron dez anos, foi mercado polo Concello de Lugo ao Ministerio de Defensa. O Colectivo Patrimonio dos Ancares pide que de converta nun museo referente da Cultura Galaico-Romana.

Un centro, di, que podería acoller as pezas espalladas por toda a provincia. Pola súa ubicación, moitas están expostas a sufrir agresións e mesmo a desaparecer. Outras, por atoparse á intemperie, están a padecer os efectos dos axentes naturais o que lles está a provocar unha grave deterioración. Un número importante están en mans particulares o que impide que sexan coñecidas polo público que sería preciso recuperar.

Por poñer só algúns exemplos, temos aras e estelas nas igrexas, capelas e adros de Amoexa (Antas de Ulla), Virís (Begonte), Temes (Carballedo), O Buriz (Guitiriz), Río (Láncara), Esperante (Lugo) ou Liñarán (Sober). En casas particulares de Cervantes, Guitiriz, Sarria, O Saviñao ou Taboada. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña temos unha ara a Locoubu procedente de Outeiro de Rei; no Museo de los Caminos de Astorga miliarios procedentes de Guntín de Pallares e Rábade; no Arqueolóxico Nacional seis torques procedentes da parroquia de Arcillá, en Cospeito. Tamén atopamos exemplares en áreas recreativas e mesmo tirados a carón dunha estrada. E así on longo etcétera. Podes ler toda a información no portal Historia de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...