InicioSucesosDetido o dono dun pub da Rolda da Muralla por romperlle unha...

Detido o dono dun pub da Rolda da Muralla por romperlle unha botella na cabeza a un cliente

A vítima tivo que ser atendida no lugar por servizos médicos e posteriormente foi intervida do ollo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo ao propietario dun local de lecer da Rolda da Muralla de Lugo como autor dun delito de lesións graves. Os feitos ocorreron o pasado fin de semana no exterior do establecemento, segundo a denuncia que presentou o agredido e que foi verificada por varios testemuños.

Eran as cinco da madrugada do pasado domingo, cando, segundo relata a Policía Nacional, uns clientes do pub, ao terminar as súas consumicións, abandonaron o local para dirixirse ao vehículo dun deles, que estaba preto. Nese momento, o dono do local, agora detido, saíu detrás deles recriminándolles que non abonaran as consumicións.

Así, dirixiuse a unha das mulleres do grupo, que manifestou que a pesar de estares “bastante ebrios”, si pagaran o total do consumido.

O propietario, “non conforme”, entrou no local e colleu dúas botellas de cristal, coas que se dirixiu aos denunciantes e rompeu unha delas na cabeza do home, veciño da cidade de mediana idade, quen caeu esborrallado ao chan e tivo que ser atendido no lugar por servizos médicos. Foi trasladado ao Hula e posteriormente derivado ao hospital da Coruña.

A DISPOSICIÓN XUDICIAL

Froito do golpe, o home tivo que ser intervido do ollo, e está á espera de realizar novas probas médicas, para determinar o alcance final das lesións.

Unha vez no chan, despois do impacto, o agresor continuaba golpeándoo “de non ser a intervención dos transeúntes e a inmediata chegada das dotacións policiais do servizo de radiopatrullas da comisaría”, segundo a policía.

“O agora detido continuou cunha actitude despectiva cara aos alí presentes, do que se deixa constancia en dependencias policiais”, engade. Este xoves foi localizado, detido e posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...