InicioLugo e contornaMerca, axuda, colabora co pequeno comercio para que teña unha "longa vida"

Merca, axuda, colabora co pequeno comercio para que teña unha “longa vida”

A Deputación de Lugo expresa o seu apoio ao comercio de proximidade porque "supón unha garantía de calidade e trato próximo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, puxo de manifesto este martes que por parte do goberno provincial se apoie ao comercio tradicional e, por tanto, “apoia” as campañas “a favor do comercio de proximidade, porque supón unha garantía de calidade e un trato próximo”.

Así o manifestou na presentación da nova campaña que impulsa a Federación Galega de Comercio, que preside o lucense José María Seijas, baixo o epígrafe ‘O comercio local tamén dixital’, no que tamén participa o Concello de Lugo e Abanca. Tomé fixo fincapé na importancia do sector por “a creación de emprego na provincia, sobre 20.000 traballadores” e pola relevancia en canto ao PIB provincial, “preto dun trece por cento”, abundou.

É evidente que non podemos ir contra o mundo, hai áreas comerciais pero hai outro comercio moito máis próximo e máis próximo que eu considero que debe de ter moita vida porque é un servizo para os cidadáns e queremos pór en valor este trato personalizado das tendas pequenas, non só porque a calidade e o servizo sexa superior que o é, senón tamén porque esa relación que se crea entre o vendedor e o consumidor axuda a tecer vínculos na nosa sociedade”, enxalzou.

Mentres, o presidente da Federación Galega de Comercio comentou que esta “campaña de mercadotecnia dixital”, con premios de ata 10.000 euros que achega a Deputación, componse de dous partes.Unha primeira “xa” se desenvolve desde hai semanas, e está dirixida “única e exclusivamente” aos 5.500 comercios que teñen na provincia de Lugo, con “o obxectivo de fomentar e concienciar sobre a dixitalización do sector e das novas ferramentas tecnolóxicas, que é unha necesidade imperiosa para incrementar a competitividade”, sinalou.

ÚLTIMAS

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...

Os concursos de dereitos mineiros caducados en Pontevedra e Lugo quedan desertos

Os concursos públicos impulsados pola Xunta para dereitos mineiros caducados nas provincias de Pontevedra...

Atrasos no tren A Coruña-Lugo tras a caída dunha furgoneta ás vías do tren en Begonte

A caída dunha furgoneta ás vías do tren na localidade lucense de Begonte provocou...

Morre un condutor nunha colisión entre dous coches e un camión en Lugo

Unha persoa faleceu na mañá deste venres en Lugo tras producirse unha colisión frontal...