InicioSociedadeÉ motivo para chamara á Policía unha relación sexual "ruidosa" e que...

É motivo para chamara á Policía unha relación sexual “ruidosa” e que “duraba moito”?

Unha veciña de Lugo moibilizou a unha patrulla da Policía Local por un caso de ámbito doméstico que, finalmente, quedou en nada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ruidosa relación sexual dunha parella de Lugo acabou en denuncia na Polícia Local. Foi unha lucense a que chamou o pasado luns á Comisaría da Policía Local para queixarse polas molestias que lle estaban ocasionando a ela e ás súas familias as relacións sexuais dos seus veciños, un encontro carnal que, ao seu xuízo, duraba demasiado e, ademais, era bastante ruidoso.

A chamada á central da Policía Local produciuse de madrugada, segundo recolle unha noticia de Paula Vilariño en El Progreso, e a afectada explicoulle ao operador que os veciños que vivían no piso de arriba estaban a manter relacións sexuais “pouco normais”, dado que, segundo o seu criterio, “duraban moito”.

Finalmente, os axentes acudiron ao inmoble, pero cando chegaron á vivenda da denunciante eses ruídos xa non se escoitaban, polo que non tiveron que intervir.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...