InicioCulturaO busto do músico Xoán Montes regresa ao centro de Lugo

O busto do músico Xoán Montes regresa ao centro de Lugo

A figura quedará instalada na Praza Maior a finais de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois dun debate que se prolongou durante anos, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, o nacionalista Alexandre Penas, anunciou que nos próximos días comezarán os traballos para desmontar o busto dedicado ao compositor galego Xoán Montes, que será trasladado á Praza Maior da cidade desde a súa localización actual, nos xardíns de San Roque.

O compositor Xoán Montes, autor entre outras obras da música de ‘Negra Sombra’, é considerado como un dos músicos máis representativos do século XIX.

Aínda que houbo quen defendeu no seu momento que o busto do compositor debía regresar á Praza de Santo Domingo, onde viviu o propio Xoán Montes, o concelleiro Alexandre Penas explicou que o emprazamento elixido para recolocar o busto do músico responde á “iniciativa de varios colectivos vinculados á cultura na cidade de Lugo”.

Colectivos, explicou, que lideraron un movemento social para volver situar no centro da cidade a figura de Xoán Montes e que propuxeron a Praza Maior, porque gran parte da “súa actividade musical” foi desenvolvida no palco da música de propia praza, no Círculo das Artes e na Catedral de Lugo.

Unha vez desmontado, o busto pasará por un proceso de restauración e limpeza -por parte dunha empresa especializada -que se prolongará durante un período de sete semanas e, en xaneiro, realizaranse na Praza Maior as escavacións arqueolóxicas previas á colocación da estrutura que suxeitará a escultura.

A montaxe do busto quedará finalizada na última semana de xaneiro.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...