InicioSucesosDetido o ladrón da Confraría do Carme

Detido o ladrón da Confraría do Carme

A Policía Nacional buscaba ao sospeitoso desde o pasado mes de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) detiveron nunha hospedaría da cidade de Lugo a un mozo que estaba a ser buscado desde o pasado mes de setembro por roubar a caixa de caudais na Confraría do Carme.

Segundo informou a Comisaría Provincial, as investigacións realizadas no seu momento polos axentes encargados do caso permitiron a identificación do sospeitoso dese roubo no mes de setembro, pero até agora non fora localizado.

Para dar co paradoiro deste mozo, os axentes da Brigada de Seguridade Cidadá repasaron a lista de inquilinos das hospedarías da cidade e comprobaron que o sospeitoso estaba aloxado nun hostal.

Até alí desprazáronse membros da Policía Nacional, que procederon á súa detención e puxérono a disposición da autoridade xudicial, xunto coas dilixencias de investigación practicadas para esclarecer o citado roubo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...