InicioPolíticaLara Méndez confirma que o primeiro orzamento do bipartito se executará dende...

Lara Méndez confirma que o primeiro orzamento do bipartito se executará dende xaneiro

A súa intención é levar as contas ao pleno de novembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confirmou este xoves que o goberno local, formado por socialistas e nacionalistas, ten a intención de levar ao pleno de novembro o orzamento para o ano 2020, co obxectivo final de que a execución das contas empece xa no mes de xaneiro.

O último orzamento aprobado polo goberno local de Lugo foi o de 2018, cando a rexedora local, que entón gobernaba en minoría, tivo que someterse a unha cuestión de confianza para poder sacar adiante as súas contas.

Agora, co BNG como socio de goberno e con maioría absoluta no pleno, confirmou que ambos os partidos están “traballando” coa idea de aprobar o orzamento de 2020 en novembro, de modo que a execución das primeiras contas do bipartito poida comezar xa no mes de xaneiro.

“Ese é o obxectivo”, recoñecía a alcaldesa, antes de entrar no pleno no que foi aprobada a actualización das ordenanzas fiscais municipais.

O Partido Popular criticou en relación con esas ordenanzas a “falta de ambición do bipartito”, porque simplemente “corrixen disfuncións”, pero “son insuficientes para impulsar o emprendemento e mellorar a calidade de vida dos lucenses”. EFE.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...