InicioSociedadeLugo estrea as Aulas Newton Móbiles, unha nova forma de incentivar a...

Lugo estrea as Aulas Newton Móbiles, unha nova forma de incentivar a ciencia, a tecnoloxía ou as matemáticas

As aulas instalaranse na Horta do Seminario do 22 de outubro ao 10 de novembro, polas que pasarán medio millar de alumnos dos colexios lucenses e tamén abriranse a todo público.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo é o primeiro destino europeo onde se instalarán as Aulas Newton Móbiles impulsadas pola Fundación First Escandinavia e Boeing Europa, destinadas á formación do alumnado de secundaria da provincia. Unhas aulas, que segundo a alcaldesa, Lara Méndez, “brindarán á mocidade boas experiencias de aprendizaxe para incentivar o seu coñecemento cara ás profesións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas”.

As Aulas Newton son espazos educativos STEM de alta calidade de 70 metros cadrados que se instalarán na Horta do Seminario do 22 de outubro ata o 10 de novembro, polo que pasarán máis de 500 alumnos e alumnas de idades entre os 14 e 16 anos dos colexios da provincia lucense. Pero ademais, os espazos estarán abertos ao público en xeral as fins de semana e os días festivos.

O módulo das aulas que chega a Lugo, chamado ‘Voamos cos números’, descubrirán dun xeito práctico e ameno os conceptos matemáticos na planificación e implementación dos voos e participar nos simuladores. Ademais, as salas de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo acollerán a formación dos profesores.

Nunha destas salas, Lara Méndez deu a benvida a este novo sistema educativo que, dixo, “axudará a motivar desde a mocidade os talentos científicos nunha cidade como a nosa que se está a situar claramente na innovación e na vangarda de Galicia”.“A nosa principal riqueza non se basea só no territorio, as materias primas ou o capital senón no talento colectivo e individual”, destacou.

A alcaldesa tamén agradeceu hoxe a presencia en Lugo de Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, colaborador xunto co Concello da iniciativa, así como a elección de Lugo como primeiro destino do espazo educativo por parte dos impulsores desta iniciativa, a Fundación First Escandinavia e Boeing Europa, representados hoxe na rolda de prensa polo docente da fundación Markus Bjerkenes, e José Enrique Román, director xeral de Boeing Research & Technology-Europe.

Despois da cidade lucense, as aulas viaxarán a Polonia, Países Baixos, Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Reino Unido e Suecia.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...