InicioPolíticaUn libro de historia de regalo para que a ministra lle dea...

Un libro de historia de regalo para que a ministra lle dea a Lugo “o trato que merece”

Maite Ferreiro desculpa a súa ausencia á recepción de Reyes Maroto “por ser comunicada con tan só tres horas de antelación”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, agasallou cun libro sobre a historia de Lugo á ministra de Turismo, Reyes Maroto, co gallo da súa visita deste mércores ao Concello de Lugo. Na súa carta, Maite Ferreiro desculpa a súa ausencia á recepción “por ser comunicada con tan só tres horas de antelación”.

Maite Ferreiro anunciou que dende o Concello de Lugo “proximamente” se trasladarán propostas ao ministerio de Turismo, “entendendo o apoio que dende o goberno do Estado se quere ofrecer a esta cidade” para que “Lugo reciba o tratamento que merece nesta materia”.

O libro agasallado pola edil nacionalista, Lvcvs Avgvsti, a cidade romano-xermánica do finisterre ibérico. Xénese e evolución histórica (14 a. C. – 711 d. C.), foi escrito polo catedrático en arqueoloxía Antonio Rodríguez Colmenero e editado polo Concello de Lugo en colaboración co Ministerio de Cultura no ano 2011 co gallo do décimo aniversario da inscrición da Muralla como Patrimonio Mundial da UNESCO.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...