InicioPolíticaRevés da Audiencia Provincial de Lugo a Martínez e o PP ao...

Revés da Audiencia Provincial de Lugo a Martínez e o PP ao declarar ‘ilegal’ a composición de Suplusa

A Audiencia Provincial de Lugo declarou ilegal a composición e funcións do consello de administración de Suplusa que propuxo o Partido Popular, e anula todos os acordos estatutarios adoptados pola xunta xeral en 2016

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo declarou ilegal a composición e funcións do consello de administración de Suplusa que propuxo o Partido Popular, e anula todos os acordos adoptados pola xunta xeral do 30 de setembro de 2016.

En concreto, segundo explican fontes da Deputación, entre as modificacións que propuxo o PP nos Estatutos, e que anula a xustiza, está que “o presidente de Suplusa non sexa o da Deputación, senón que o nomee a maioría simple do consello de administración”. Este cambio permitía que o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, presidise este ente.

O fallo xudicial, con data do 13 de xuño de 2018, sinala que contra a resolución non cabe recurso ordinario, aínda que pode interporse o recurso extraordinario de casación ou por infracción procesual nun prazo de 20 días.

Respecto diso, a institución provincial explica que esta sentenza é executiva, o que significa que as modificacións nos Estatutos que propuxo o Partido Popular, e que saíron adiante na xunta xeral do 30 de setembro de 2016, deixan de ter validez. Polo tanto, volven estar vixentes os anteriores a esa data.

Así, o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, asegurou que o que di esta sentenza é que “a realidade normativa que pretendeu impor o Partido Popular en Suplusa é ilegal”. “E así o levamos advertindo desde este goberno”, sinala o tamén secretario xeral dos socialistas lucenses.

Álvaro Santos, deputado de Relacións Institucionais e secretario xeral do PSdeG en Lugo | Deputación de Lugo

O voceiro provincial salienta que, con este fallo, “enténdese” por que dende o Goberno provincial se afirmaba que a situación da sociedade do solo era “absolutamente irregular”, instalada nun “disparate” do que o Partido Popular “é o protagonista fundamental” xa que “foi o que propuxo as modificacións declaradas ilegais”.

Nesta liña, Santos denunciou que “mesmo foi Elena Candia, voceira e presidenta do PP provincial, a que se habilitou na xunta xeral deste organismo” para, deste xeito, facer a inscrición dos seus novos estatutos, desenvolver a tramitación e defendelos “pola transcendencia que para ela e o seu partido político tiña todo isto“.

 

MODIFICACIÓNS ANULADAS

En concreto, entre as modificacións que propuxo o Partido Popular nos Estatutos e que anula a xustiza, segundo indica a Deputación, está que “o presidente de Suplusa non sexa o presidente da Deputación” senón que ou nome a maioría simple do consello de administración”.

Ademais, anula que o consello de administración non estea integrado polo sete deputados provinciais que representen a todos os grupos políticos que integren o pleno da institución, senón nove deputados con independencia da proporcionalidade que existe na corporación.

Tamén rexeita que o xerente de non sexa nomeado e cesado polo presidente de Suplusa e tamén da Deputación, senón pola maioría do consello de administración de Suplusa. E, por último, nega que o obxecto social desta sociedade sexa a prestación de servizos sociais cando a Xunta dixo en 2011 “que non podía ser así” e que “debía ser directamente a Deputación”.

ÚLTIMAS

Unha muller morta e tres feridos, entre eles os seus fillos menores, nunha saída de vía en Xermade

Unha muller morreu na tarde deste luns nunha saída de vía en Xermade, na que...

Rueda ratifica a creación do edificio con 50 aloxamentos compartidos para mozos na rúa Illa Coelleira da cidade de Lugo

Lugo cidade e a provincia centraron este luns a reunión semanal do Executivo autonómico,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que...

Dous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun local de lecer de Lugo

Unha liorta nun local de lecer do barrio histórico de Lugo saldouse con dúas...