InicioLugo e contornaLugoAtendidas nove persoas no Lucus Augusti por un brote de tuberculose

Atendidas nove persoas no Lucus Augusti por un brote de tuberculose

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de nove persoas, delas seis nenos e tres adultos, atópanse afectados por un brote de tuberculose, alertou hoxe o Sergas, o órgano de xestión do sistema de saúde público galego.

O brote atópase baixo vixilancia desde finais de agosto, tras a detección nun neno de dous anos desa enfermidade causada por unha bacteria que afecta principalmente os pulmóns e que é transmisible.

O hospital Lucus Augusti puxo en marcha o protocolo establecido para previr o contaxio e controlar a situación ao constatar varios casos de persoas afectadas. Como parte dese protocolo, os médicos efectuaron probas para detectar se as persoas que estiveron en contacto cos afectados resultaron contaxiadas coa bacteria.

O protocolo permitiu detectar o “caso inicial” da cadea de transmisión da enfermidade, que xa “está localizado e a tratamento antituberculoso”, de modo que “xa non representa un risco para a poboación”, segundo o Sergas.

A medida que avance a investigación sobre o brote, engade o Sergas, determinarase a conveniencia de ir ampliando ou non o estudo, dependendo da “aparición ou non de novos infectados ou enfermos”, conclúe.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...