InicioPolíticaO Camiño Primitivo de Lugo, terreo en disputa política

O Camiño Primitivo de Lugo, terreo en disputa política

Mentres o PP reúnese con comerciantes e emisarios doutros concellos para potenciar a ruta tradicional, ACE lembra que hai requisitos legais por cumprir – Dende o goberno local piden paciencia e coordinación coas propostas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo é o Miño, a muralla e o Camiño Primitivo. Estes tres elementos vencellan gran parte das actuacións plantexadas tanto polo goberno local como polo arco da oposición. E precisamente o Concello quere aproveitar estes valores patrimoniais no marco da Estratexia europea de Desenvolvemento Urbán Sostible e Integrador (EDUSI), que agora está en cuestión por, precisamente, invadir o terreo histórico do Camiño Primitivo.

Os diferentes partidos acollen a potenciación desta ruta dende diferentes enfoques. Para o Partido Popular é unha bandeira de cara ao Xacobeo 2021. O voceiro municipal, Antonio Ameijide, realizou un roteiro simbólico canda os representantes populares de Oviedo e Compostela. Nel aproveitaron para divulgar un decálogo de medidas que acordaron previamente con comerciantes lucenses e que foi aprobado por unanimidade no pleno de maio.

Para a responsable de Cultura do Concello, Carmen Basadre, as reivindicacións do PP deberían de producirse de xeito máis pausado, previa coordinación cos partidos presentes na cámara municipal. A concelleira convidou a agardar polas propostas da Comisión Organizadora do Xacobeo, onde os concellos están representados a través da FEGAMP, e a “traballar conxuntamente, e non ir uns por un lado, e outros por outro”.

Mentres, en Alternativa Cidadá de Esquerdas (ACE) lembran outra cuestión ineludible, a que afecta á legalidade. Dende a formación insisten en que a estratexia EDUSI precisa autorización da Xunta para intervir sobre o Camiño Primitivo, xa que está catalogado coma Ben de Interés Cultural (BIC) dende 2012. Esta situación implica tamén a necesaria reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

ACE solicitará no vindeiro pleno esta modificación, coma anunciou o voceiro Carlos Portomeñe. Segundo explicou, os requisitos de conservación “poden facer que o PXOM varíe notablemente na zona do barrio do Carme, cuxo Plan Especial de Reforma Interior (PERI) podería ter que converterse en Plan Especial de Protección y Reforma Interior (PEPRI), coma no caso do casco histórico”. Así, indicou que cómpre iniciar o proxecto polo barrio do Carme, pola situación de conservación e as complexas delimitacións viarias e de edificación.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...