InicioPolíticaO PP mételle présa á Deputación para saber que vai pasar co...

O PP mételle présa á Deputación para saber que vai pasar co persoal de Suplusa

Pídenlle ao presidente provincial que convoque unha reunión para aclarar a situación dos traballadores do ente mercantil, posto que "non se deu información" ao respecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do PP úrxelle ao presidente da Deputación que fixe “canto antes” unha reunión de traballo para coñecer como vai ser a integración de SUPLUSA na Deputación. Din estar preocupados polo futuro dos traballadores deste ente, para cuxa disolución está previsto un pleno extraordinario o vindeiro 12 de setembro.

O representante popular na Sociedade, José Antonio García, xustifica a petición do PP alegando que, a escasos días da Xunta Xeral, o goberno provincial “nin nos convocou nin nos deu información das condicións dos traballadores e das persoas que foron seleccionadas para traballar nas residencias”. Coida que o “lóxico” sería terse citado xa para abordar estas cuestións, pero entende que a José Tomé “preocupáballe máis o titular ca unha integración do ente mercantil”.

Así pois, o PP apura ao presidente da Deputación para que convoque unha xuntanza e solucione as dúbidas. “O que queremos saber, en aras da transparencia e do rigor que sempre aplicamos en todos os asuntos da Deputación, é se o persoal da Sociedade e o que xa debería estar traballando nos centros da terceira idade van ter algún novo dereito neste proceso”, conclúe José Antonio García.

 

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...