InicioEconomíaFomento licita a redacción do proxecto da estación de tren e o...

Fomento licita a redacción do proxecto da estación de tren e o aparcadoiro da intermodal de Lugo

O anuncio foi efectuado pola presidenta do ADIF nun encontro a tres bandas coa Xunta e o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento licitou a redacción dos proxectos básico e de construción da estación de tren e do aparcadoiro da futura intermodal de Lugo, cuxos traballos prevén iniciarse o próximo ano cun investimento total de entre 27,5 e 31,6 millóns de euros.

Diso informou o Concello de Lugo tras a reunión mantida este luns na capital lucense entre a presdienta da Adif, Isabel Pardo de Vera, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Alí, a presidenta da Adif anunciou a licitación dos proxectos, que contan cun orzamento de 1,1 millóns de euros e un prazo de execución de 15 meses.

Pola súa banda, a rexedora luguesa instou a que se produzan avances na firma do convenio entre as tres administracións implicadas na construción da estación intermodal.

E é que a construción da estación de trens correrá a cargo do Ministerio de Fomento, mentres que a Xunta levará a cabo a de autobuses e o Concello de Lugo encargarase da urbanización da zona.

Por iso, Lara Méndez insite na “necesidade” do convenio a tres bandas, pois definirá as responsabilidades de cada administración para que traballen “en paralelo para avanzar ao ritmo máis acelerado posible”.

“Lugo non pode nin debe quedar atrás”, subliñou a alcaldesa, que lembra que Ourense, Santiago e Vigo xa contan cun convenio asinado para o desenvolvemento das súas respectivas estacións intermodais.

Así as cousas, segundo apunta o Concello de Lugo, as tres administracións emprazáronse a celebrar un novo encontro despois do verán.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...