InicioPolíticaLara Méndez celebra que o Concello teña "maior representación" no PSOE provincial

Lara Méndez celebra que o Concello teña “maior representación” no PSOE provincial

A alcaldesa de Lugo cre que o partido "sae unido" tras un proceso de primarias ao que están afeitos os socialistas. Por outra banda, hoxe terá unha reunión coa Xunta e con técnicos de Adif para avanzar no proxecto da estación intermodal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, congratulouse por “unha maior representación” da cidade na nova executiva provincial do PSOE. Así o manifestou tras a asemblea do sábado na que Patricia Otero se ergueu como secretaria xeral.

Esta foi a resposta de Méndez tras preguntárselle se ela fora “rebaixada” na estrutura socialista provincial. E é que a alcaldesa foi nomeada presidenta de honra e non presidenta do partido na provincia, como ocorrera na executiva liderada por Álvaro Santos.

“Eu creo que a cidade de Lugo queda reforzada, ten maior representación na nova executiva, onde ademais temos a un compañeiro de vicesecretario xeral (Miguel Couto). E eu sigo sendo presidenta de honra do partido”, afirmou. Neste sentido, apuntou que, “ao final, trátase de dar participación a todas as institucións, a todo o territorio da provincia”. “Xa digo, o concello ten moita máis representación do que tiña”, insistiu.

Méndez non dubida de que o partido “sae unido” tras este proceso de primarias cuxo punto final foi o congreso provincial do pasado sábado. “Estamos afeitos a ter procesos internos e asumímolos con moita naturalidade, con moita normalidade. O noso partido é un partido demócrata onde temos esa democracia interna, onde temos capacidade de falar e de discutir, incluso, distintas formulacións. Pero unha vez que sae un proxecto todos pechamos filas ao redor dese proxecto”, presumiu.

GOBERNO CENTRAL E INTERMODAL

Por outra parte, Lara Méndez tamén falou acerca da ausencia de goberno en Madrid e sobre como iso pode afectar o concello. Cre que as consecucencias xa se ven “nos propios orzamentos”. “Nós sempre dixemos que (os orzamentos) son un instrumento imprescindible. No ámbito estatal tamén, porque impide desenvolver cuestións que nos afectan ao territorio”, sinalou.

Finalmente, apelou á necesidade da “estabilidade” a nivel estatal para “poder seguir tendo os proxectos e as formulacións cos que hoxe se continúa traballando”. “Por exemplo, hoxe teremos unha reunión con técnicos de Adif e da Xunta para seguir co proxecto de intermodal“, salientou. “O feito de que estea constituído o goberno sempre é unha garantía para seguir planificando, proxectando as infraestruturas necesarias para Lugo, como é a intermodal”, profundou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...