InicioPolíticaDesestimado o recurso dos únicos dous acusados da Operación Campeón que non...

Desestimado o recurso dos únicos dous acusados da Operación Campeón que non chegaron a un acordo coa Fiscalía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Penal do Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación presentado polo único procesado da ‘Operación Campión’ que defendeu a súa inocencia e non chegou a un acordo con Fiscalía e foi a xuízo, tras o que foi condenado a 13 meses de prisión. Tamén rexeitou o presentado por unha exempleada de Laboratorios Nupel.

Segundo o fallo do Supremo, recollido por Europa Press, contra o que non cabe recurso, a Sala do Penal decidiu “desestimar os recursos de casación interpostos polas representacións de Javier Rodríguez Díaz e María Isabel Fernández Pena” –exempleada de Laboratorios Nupel– contra a sentenza da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo de 20 de novembro de 2017, ditada na causa seguida polos delitos de fraude de subvencións, delito contable e outros. Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...