InicioSociedadeFomento licita por 12,4 millóns un contrato para a conservación de estradas...

Fomento licita por 12,4 millóns un contrato para a conservación de estradas lucenses

As actuacións levaranse a cabo en tramos da A-54, N-120, N-540, N-547, N-640 e da LU-12.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento licitou un contrato de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación de varias estradas na provincia de Lugo, ao que destinará 12.390.143 euros.

Segundo publica este martes o Boletín Oficial do Estado (BOE), no contrato inclúense actuacións en distintos tramos da A-54 (Lugo-Santiago), N-120, N-540 (Lugo-Ourense) , N-547 (Lugo-Santiago), N-640 e da LU-12 ao seu paso por esta provincia galega.

Así mesmo, o Ministerio de Fomento detallou que ten como obxectivo realizar traballos dos servizos de comunicacións, vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, etc. Tamén se terán en conta as instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.

Ademais, contémplanse labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria. A maiores, levaranse a cabo operacións de roza, fresados, reposición do firme, limpeza de cunetas e, en xeral, todos os labores de conservación ordinarias das vías ao seu cargo.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...