InicioLugo e contornaLugo Monumental pensa en editar unha moeda cos tres patrimonios da Humanidade...

Lugo Monumental pensa en editar unha moeda cos tres patrimonios da Humanidade da cidade

Lugo Monumental pedirá ao Concello de Lugo, á Deputación Provincial e á Xunta de Galicia que lle remitan senllas misivas de apoio a esta proposta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental planea dirixirse ao Goberno de España para solicitar a emisión dunha moeda de dous euros cun deseño no que se reflictan o tres patrimonios da Humanidade da cidade. A Asociación entende que sería unha “magnífica” forma de promocionar Lugo de face ao Xacobeo 2021 e tamén para dar relevancia á cidade.

A normativa europea permite que cada país acuñe dúas moedas en homenaxe aos lugares Patrimonio da Humanidade. Así, o deseño desta poderíase realizar a través dun concurso de ideas, segundo explicou a institución mediante un comunicado.

Lugo Monumental pedirá ao Concello de Lugo, á Deputación Provincial e á Xunta de Galicia que lle remitan senllas misivas de apoio a esta proposta, para acompañala coa súa petición de forma que a unanimidade de todas as administracións sexa un primeiro paso firme para conseguir “un logro promocional sen precedentes”.

Lugo é o primeiro punto do Camiño Primitivo desde o que se pode obter a Compostela e ten unha gran importancia como Cidade do Sacramento que a fai o punto de inicio “perfecto” para calquera peregrino.

ÚLTIMAS

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...