InicioPolíticaSocialistas e nacionalistas culminan o seu "acordo programático" en Lugo

Socialistas e nacionalistas culminan o seu “acordo programático” en Lugo

A cidade volverá ter, 20 anos despois, un goberno bipartito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os socialistas e os nacionalistas de Lugo culminaron na tarde deste xoves as negociacións iniciadas para conformar un goberno bipartito na cidade para a próxima lexislatura cun “acordo programático”.

Ambas as formacións despacharon este xoves no Concello de Lugo en apenas hora e media o quinto encontro mantido para debuxar un pacto que permita a Lugo ter un goberno estable os próximos catro anos, tendo en conta que os oito edís do PSOE e os cinco do Bloque alcanzan a maioría absoluta.

Neste contexto, ao fío das 19,00 horas da tarde deste xoves, saían os negociadores liderados pola alcaldesa en funcións, a socialista Lara Méndez, e o alcaldable nacionalista, Rubén Arroxo.

Méndez mostrouse satisfeita tras chegar “a un acordo programático”, cuxas liñas de actuación “darán a coñecer mañá nunha rolda de prensa”.

O acordo “programático” contempla a repartición de áreas. Así, os socialistas levarán “economía e desenvolvemento local, benestar, persoal, urbanismo e medio ambiente, deportes e medio rural”;.

O BNG ocuparase de “infraestruturas e mobilidade, cultura turismo e promoción da lingua, área de cidadanía e educación”.

Pola parte nacionalista, Arroxo concretou que estas cinco reunións serviron “para organizar o proxecto de cidade para estes catro anos” e como ambas as formacións ían xestionar ” o programa conxunto que elaboraron”.

Deste xeito e a poucas horas da sesión de investidura que terá lugar este sábado, Lugo volverá ter, 20 anos despois, un goberno bipartito. En concreto, en 1999 o exalcalde Xose López Orozco configurou un goberno bipartito composto por sete edís do PSOE e seis do BNG.

Na próxima corporación, ademais, o PP terá 10 edís e Ciudadanos dous concelleiros.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...