InicioLugo e contornaLugoAbre as súas portas a nova residencia e centro de día de...

Abre as súas portas a nova residencia e centro de día de Pol

Inaugurouse coa entrada de 13 maiores da provincia que pagarán 900 euros ao mes polas atencións recibidas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova residencia e centro de día do municipio de Pol (Lugo) abriu as súas portas este sábado co ingreso dos primeiros 13 maiores da provincia. Segundo informa a Deputación –xunto co Concello, institución promotora do proxecto–, son 13 seleccionados dunha media de 83 anos de idade que pagan 900 euros pola atención recibida. Do total, sete son veciños de Pol, mentres que outros estaban noutro tipo de vivendas e unha non tiña praza.

As dependencias gozan dunha “excelente situación”, tal e como asegura o ente provincial, posto que se atopa á beira do centro sociocultural do municipio e doutros establecementos.A residencia conta cunha superficie de 1.676 metros cadrados con 24 habitacións dobres que ofrecen un total de 50 prazas. Os usuarios dispoñen de dotacións como salas de estar, salas de lectura ou de televisión –todas de uso común–, ademais de lavandaría, cociña, enfermaría e primeiros auxilios.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...