InicioCulturaDesfruta do primeiro documental sobre o Arde Lucus

Desfruta do primeiro documental sobre o Arde Lucus

Brais Revaldería dirixe o primeiro documental adicado ao Arde Lucus – Os sesenta minutos de metraxe poden desfrutarse de balde

PUBLICADA O

- Advertisement -

A dez días de que comece o Arde Lucus, festa histórica emblemática da cidade, xa é posible desfrutar en liña do primeiro gran documental sobre o evento. A cargo de Brais Revaldería, o filme foi producido por Piruleta&media e Everniamedia, e contou coa colaboración de Hachedevisual e a Fundación TIC. Agora están dispoñibles de balde os sesenta minutos de metraxe nos que percorre a festividade e as súas orixes.

Este documental abrangue aspectos históricos, coma a fundación de Lucus Augusti e os diferentes aspectos da vida pública, a administración e a convivencia entre castrexos e romanos; os detalles da reconstrucción histórica, dende a vestimenta á creación da moneda oficial, pasando polo material militar ou a organización de quenes realizan as recreacións e espectáculos. En definitiva, todo o que rodea ao Arde Lucus e que desfrutaremos novamente os días 15, 16 e 17 de xuño.

Máis de 600.000 persoas visitaron Lugo durante tres días en xuño do 2017. E este ano, a cifra pode ser maior. Ou iso esperan no concello. Un turismo que en tres días deixa máis de 12 millóns de euros. Por iso, un ano máis quere ser o escaparate para atraer turismo español e internacional á cidade. Un atractivo máis que sumar á súa muralla, declarada Monumento Patrimonio da Humanidade.

A edición 2018 comezará o venres 15 ás 16:00 horas, coa xa tradicional apertura simbólica das portas da cidade, a cargo da Guardia Pretoriana. Ese mesmo día terá lugar a entrada das lexións pola Ponte Romana, celebrarase unha ofrenda ás ninfas no Balneario, e disputarase, por segundo ano consecutivo, tanto o torneo de Harpastum como a carreira Muris Lvcis, romanos contra castrexos. Como novidades do venres, a Praza de Santa María acollerá un espectáculo sobre a fundación da cidade, no que participarán os colectivos de Lugo e que inclúe tamén danza e música romana, e a representación sorpresa Baixo a Sombra.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...