InicioEconomíaCafé Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que...

Café Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que aglutinará todo o proceso produtivo en Lugo

Nela terá lugar o proceso produtivo na súa totalidade: recepción, procesado, almacenaxe e distribución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Café Candelas obtivo o visto e prace da Xunta desde o punto de vista ambiental para construír unha planta en Lugo na que terá lugar o proceso produtivo na súa totalidade: recepción, procesado, almacenaxe e distribución. Así o recolle o informe de impacto ambiental do proxecto de planta, de cuxo anuncio polo que se fai público sae este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG). O informe dá o ‘ok’ “sempre que se cumpran, ademais do recolleito no documento ambiental e restante documentación avaliada, o condicionado e o programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo” do propio documento.

Nese caso, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental cre que “non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente” e por tanto non considera necesario someter a iniciativa a avaliación ambiental ordinaria. O promotor é Café Candelas e as instalacións proxectadas emprazaranse na parcela ‘B6’ cunha superficie de 17.938 metros cadrados no parque empresarial das Gándaras, en Lugo.

PLANTA SOLAR EN SILLEDA

Por outra banda, o DOG tamén publica este luns unha resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que outorga autorización administrativa previa e de construción das instalacións relativas ao proxecto da planta solar fotovoltaica Silleda Solar, promovido por Arcos de Grava, S.L. Con domicilio social en Madrid, Arcos de Grava, S.L. proxecta unha instalación solar fotovoltaica de 2.700 kW de potencia nominal (3.326 kWp) e potencia evacuable de 2.500 kW.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...