InicioEconomíaA Xunta adxudica melloras na LU-113 e LU-530 por máis de 3,2...

A Xunta adxudica melloras na LU-113 e LU-530 por máis de 3,2 millóns de euros

As obras en Lugo, Cospeito, Abadín e Castroverde comezarán en abril e durarán seis meses

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por máis de 3.240.000 euros as obras de reforzo do firme na LU-113, ao seu paso polos municipios de Cospeito e Abadín, e na LU-530, por Lugo e de Castroverde.

Este contrato, adxudicado á empresa Construcións Isidro Otero, S.L., asinarase nos próximos días e o obxectivo é iniciar as obras durante o próximo mes de abril. O prazo de execución dos traballos estímase en seis meses.

Na estrada LU-113, intervirase nun tramo de algo máis de 12,6 quilómetros de lonxitude, entre os puntos 10+000 e 20+180, no municipio de Cospeito; e desde o punto quilométrico 20+180 ata o 22+780, xa no municipio de Abadín.

Na LU-530, actuarase nunha lonxitude total de 16,4 quilómetros. Neste caso, a intervención será no tramo que vai desde o quilómetro 3+600 ata o 12+640, no seu percorrido polo municipio de Lugo; e no tramo que continúa desde o punto 12+640 ata o 20, no municipio de Castroverde.

As actuacións teñen como obxectivo a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, co fin de mellorar as condicións de circulación nos diferentes tramos destas dúas estradas, completando as obras co repintado das marcas viarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...